lunes, 10 de agosto de 2009

IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONCELLO DE NEDA

Este año el IX concurso de fotografía del ayuntamiento de Neda lleva por título:
"OS NOSOS MAIORES "

PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do 15 de xuño ao 25 de Setembro de 2009 ás 14:00 h.
INSCRICIÓN :
A recepción das obras farase na Casa da Cultura de Neda,
Avda. Alxeciras, 61 -15510-NEDA- A Coruña.
Poderán entregarse persoalmente ou mediante envío postal, mensaxeiro, etc.
Máis información: 981 390 233 ou cultura@neda.dicoruna.es
PREMIOS:
Poderán concederse premios por un total de 600 euros (seiscentos), que, segundo decida o xurado,
poderán ser un único premio ou dividirse en varios (primeiro, segundo, accésits, etc.). Así mesmo,
poderá declararse deserto o concurso.
BASES:
1. A Concellería de Cultura do Concello de Neda convoca o IX Concurso de Fotografía "Concello de
Neda", dotado con premios por valor de 600 euros.
2. Poderán participar fotógrafos/as profesionais ou afeccionados, nacionais ou estranxeiros, cun
máximo de tres obras cada un.
3. O formato deberá ser dun mínimo de 20x25 e un máximo de 30x40 cm., de técnica libre, en cor
ou branco e negro, referidas sempre a temas de Neda.
4. Dado que o lema deste ano é “OS NOSOS MAIORES”, a imaxe amosará retratos ou imaxes de
persoas maiores do Concello de Neda, cousa que deberá certificarse mediante pé de foto no que
consten os datos:
5. Deberán presentarse preparadas e listas para expoñer, incluídos elementos que permitan colgar
as pezas, un soporte ríxido e demais condicións para unha mostra.
Constarán os datos técnicos (cámara tradicional ou dixital, marca, modelo, película utilizada, papel
da copia, etc).
6. No dorso de cada peza deberá constar o pseudónimo do/a autor/a. Nun sobre pechado adxunto
constarán os datos completos.
7. A recepción das obras farase na Casa da Cultura de Neda, na Avda. Alxeciras, 61, C.P. 15510,
NEDA, A Coruña, desde o 15 de xullo ao 25 de Setembro de 2009, de luns a venres, en horario de 9 a
14 horas. Poderán entregarse persoalmente ou enviarse por correo ou axencia de transporte. O
Comité Organizador porá o maior coidado no trato e custodia das pezas, pero non se
responsabilizará dos danos ou extravíos, tanto no envío como na manipulación, exposición, etc.
8. As obras presentadas serán expostas no Centro Cívico, a partir do mes de Setembro de 2009,
tempo no que o xurado estudará e decidirá o seu fallo.
9. Unha vez decidido o fallo polo xurado, comunicarase nun acto público, cuxa data fixarase no seu
momento.
10. Poderá concederse un único premio, declararse deserto, ou dividirse en varios. En todo caso, o
total dos premios, non poderá superar o monto establecido no punto 1 destas bases. En ningún
caso, a mesma persoa poderá acumular máis dun premio, polo que, en caso de repetirse gañador/a,
o premio pasará ao/á seguinte concursante en puntuación que non teña sido galardoado/a. A/o
gañador/a, ademais do monto en metálico entregaráselle un trofeo conmemorativo.
11. As fotografías premiadas pasarán a propiedade municipal. Poderán ser utilizadas libremente
polo Concello de Neda, recoñecéndose a autoría. Deberá entregarse, ademais da propia copia
exposta, o negativo, diapositiva, C.D. ou demais elementos básicos da mesma, que permitan
copialas, reproducilas, etc.
12. Non poderán presentarse fotografías premiadas en outros concursos.
13. As obras non seleccionadas ou non premiadas deberán retirarse antes dun mes de clausurada a
exposición. En caso de solicitarse polos autores/as o envío de volta, os gastos serán por conta das
persoas participantes. Aquelas obras non retiradas no prazo citado pasarán a ser de propiedade
municipal a todos os efectos, sen posibles reclamacións, recoñecéndose a autoría en caso de ser
utilizadas.
14. O feito de participar neste certame presupón a aceptación das presentes bases.
15. O Xurado, con fallo inapelable, estará composto por profesionais da fotografía e outras persoas
nomeadas polo Concello.
16. Nos casos non previstos nas bases, decidirá o Comité Organizador.

No hay comentarios: