sábado, 24 de enero de 2026

Inauguración "Silencio" no Centro Torrente Ballester


Estades convidados este venres ás 19, no Centro Torrente Ballester de Ferrol,  á nosa nova exposición "Silencio".

A través destas fotografías, explóranse os distintos matices do silencio: o silencio da natureza, o silencio interior, o silencio que acompaña ao baleiro, e aquel que garda segredos e memorias. Un percorrido visual que lembra que o silencio tamén fala.

Os autores que participan nesta exposición son:

Alejandro Martínez, Angel Casas, Carlos Cruz, Chus Villamar, Eva Vázquez, Fer Cendán, Fran Suárez, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Ricardo Salgado.