Estades convidados este venres ás 19, no Centro Torrente Ballester de Ferrol, á nosa nova exposición "Silencio".
A través destas fotografías, explóranse os distintos matices do silencio: o silencio da natureza, o silencio interior, o silencio que acompaña ao baleiro, e aquel que garda segredos e memorias. Un percorrido visual que lembra que o silencio tamén fala.
Os autores que participan nesta exposición son:
Alejandro Martínez, Angel Casas, Carlos Cruz, Chus Villamar, Eva Vázquez, Fer Cendán, Fran Suárez, Miguel Llano, Mónica Lorenzo, Pablo Mauriz e Ricardo Salgado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario