O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de lanzar o III Concurso de Fotografía e Vídeo 'Imaxes con Fondo' que, atendendo ao actual contexto internacional, marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, convida a reflexionar sobre a interculturalidade.
En cada unha das seccións (fotografía e vídeo) establécense á súa vez dúas categorías, cos seguintes premios:
Categoría xuvenil: dos 14 aos 17 anos.
1º Cámara de fotografía e vídeo.
2º Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Lote de películas de temática social.
Categoría adulta: dos 18 anos en adiante.
1º Viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico/audiovisual.
2º Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Lote de películas de temática social.
O prazo para a recepción de obras permanecerá aberto ata o 15 de outubro e pode presentarse calquera persoa natural de ou residente en Galicia.
Axuntamos o cartaz dixital, se queredes recibir cartelería ou folletos en papel facédenolo saber e enviarémolos por correo postal completamente de balde.
FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN
E SOLIDARIEDADE
ÁREA DE COMUNICACIÓN
Carmen Novas 616 145 077