sábado, 27 de enero de 2018

DESEMELLANZAS do fotógrafo Calrús


O fotógrafo Calrús amosa a través da exposición “Desemellanzas” unha selección de fotografías realizadas durante varios anos en lugares de diferentes países e continentes.

Un total de 163 fotografías en branco e negro clasificadas en 20 grupos temáticos e un breve vídeo titulado “Meniños” que contén 44 retratos de nenos e nenas de Benín, Burkina Faso, Etiopía, Mali e Togo, constitúen a mostra.
Data de inauguración o 2 de febreiro.