viernes, 14 de diciembre de 2012

Produción Efímera


PRODUCIÓN EFÍMERA é un proxecto do Fotoforum Lumen que ten como finalidade poñer á venta obras de fotógrafos consagrados con outras daqueles que non o son tanto. Quixemos engadirlle algo de misterio, azar e gusto persoal, de tal maneira que o posible comprador non vai saber, ata despois da compra, de quen é a autoría da fotografía.
Tódalas fotografías serán colgadas no baixo nº 14 da rúa da Igrexa (aquí en Ferrol) co mesmo tipo de marco, igual tamaño e en igualdade de condicións: é máis, terán todas o mesmo prezo, independentemente do autor.
Abrirase un prazo de envío do ficheiro (toda a produción vai ser levada por nós, para evitar dúbidas e á fin, tamén traballo) e segundo vaian chegando e se vaian imprimindo, así tamén irán sendo colgadas, construíndo o espazo baleiro e enchéndoo de sentido.
Aí radica tamén o efémero: desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro as vosas fotografías irán pouco a pouco cartografando nas paredes un mapamundi de sentimentos (proceso que nós mesmos iremos fotografando) e serán os días 3, 4 e 5 de xaneiro cando os clientes poidan mercalas. Durante este período o espazo estará en permanente construción (cada vez que pasedes por diante veredes que o espazo cambiou, incluso de noite estará iluminado) e non será ata o último día cando esa deconstrución baleire de novo o espazo.
Por outro lado, o día 5 terá lugar pola tarde noite, no propio espazo expositivo, unha pequena clausura, na que esperamos contar con todos os que vos poidades achegar.
Adxúntase un PDF coa información en detalle.
Esperamos que seades moitos os que vos animedes a participar.
Grazas!

http://forolumen.tumblr.com/post/37789370048/produccion-efimera-galeria-flotante-y-anonima

https://www.facebook.com/ForoLumen

No hay comentarios: