miércoles, 26 de noviembre de 2014

Exposición fotográfica "Miradas ao Sur"



Miradas ao Sur é unha viaxe a través dos rostros dos homes e mulleres, da sonrisa de nenas e nenos cos que Educo desenvolve os seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento e quen se esforza, cada día, por alcanzar unha vida mellor.
Esta mostra fotográfica achéganos os retratos de Grau Senrra e Toni Rodríguez.
Pode visitarse gratuitamente, ata o vindeiro 30 de novembro, na Casa da Cultura de Sada (Avenida do Porto, s/n) de luns a venres en horario de 09.00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h, os sábados de 10.00 a 13.00.

No hay comentarios: