DIARIO DE FERROL
Ferrol Martes 20 de Mayo de 2008
Ares convoca unha nova edición do seu certame fotográfico
REDACCIÓN> FERROL
O Concello de Ares convoca unha nova edición do concurso fotográfico “Alianza Aresana”, co que pretende difundir a imaxe do municipio no exterior e recuperar a memoria colectiva da vila. Ao igual que en edicións anteriores o certame está dividido en dúas modalidades: unha de fotografías antigas dixitalizadas e outra sobre o Ares actual e o seu contorno.
No primeiro apartado, as instantáneas deberán ser anteriores a 1975 e reflectir de forma xenérica xeitos de vida do pasado como festexos de antano, oficios tradicionais, utensilios de labranza ou acontecementos históricos, sociais ou deportivos. Na categoría “Ares, o seu contorno, as súas festas e as súas xentes” poderán presentarse todo tipo de fotografías sen manipular dixitalmente.
As persoas interesadas en participar no concurso deberán remitir as súas instantáneas á biblioteca do Concello ou á web concursofoto2008@concello de ares.com, antes do 15 de setembro. Establécese un premio de 600 euros para o gañador do certame e de 300 para o segundo. Ademais, cada mes premiarase con 100 euros á mellor fotografía recibida. Con todas elas montarase unha exposición. A entrega de galardóns será o 15 de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario