Pois o Xoves día 5 ás 20 horas é a inauguración da exposición fotos e lectura do Fallo do Xurado
E si vos apetece ir antes as 19,15 h., falarános Gilda Roa sobre o impacto social e ambental que teñen os monocultivos da soxa transxénica en Paraguai. Axuntamos Cartel e Programa.
Esta conferencia enmárcase nunha xira a nível europeo que está a realizar esta activista, que nos dá a oportunidade de coñecer como se aprezan estas vivenzas na primeira persoa.
Acompáñana Nina Holland (investigadora do Corporative Europe Observatory) e An Maeyens (antropóloga e membro da rede A SEED Europe), que van pór riba da mesa unha análise dende as políticas europeas e máis dende o enfoque do fenómeno en termos de funcionamento da sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario