lunes, 16 de febrero de 2009

Certame Fotográfico "Medio Ambiente"

Co motivo da celebración do “Día Mundial de Medio Ambiente”, o Ateneo Ferrolán ven realizando, dende o ano 91, todos os anos un certame fotográfico que neste ano cumpre a súa 18ª edición.

BASES:

TEMA:
Estará relacionado coa Ecoloxía nos seus diferentes aspectos (fauna, flora, paisaxe, agresións...). Non se aceptarán a concurso fotografías de pitiños, niños, nin ningunha imaxe que poda implicar sufrimento ou dano dun ser vivo. No caso de imaxes en cativerio, será necesario mencionar dita circunstancia.
PARTICIPANTES:
Estará aberto a todas as persoas interesadas no tema, sexan afeccionadas ou profesionais da fotografía.
OBRAS:
Cada participante poderá enviar un máximo de TRES fotografías, en branco e negro ou cor, podendo acceder soamente a un dos premios.
Non se admitirán fotografías publicadas ou premiadas noutros concursos.
Tampouco se aceptarán colaxes, montaxes, fotografías pintadas nin manipuladas dixitalmente que alteren as imaxes máis alá do que se pode chegar a modificar mediante os procesos de fotografía tradicional.
Os participantes responsabilizaranse así mesmo de que non existan dereitos sobre as imaxes de terceiras persoas, así como de calquera reclamación que poida xurdir sobre as mesmas no que se refire a dereitos de imaxe.
Estes dereitos estenderanse a fotografías do autor que teñan unha grande similitude coas presentadas a concurso.
TAMAÑO:
Ningunha das fotografías presentadas poderá exceder no seu lado maior de 40 cm., nin este poderá ser inferior a 24 cm. As fotografías deberán presentarse montadas sobre unha cartolina con dous tamaños únicos de 30 x 40 ou 40 x 50 cm.
PLICAS:
Os participantes indicarán o pseudónimo do autor e o título da fotografía no reverso da cartolina na que deberá montarse cada foto. No interior dun sobre pechado que leve o pseudónimo, figurarán os seus datos persoais: nome, apelidos, NIF, enderezo, teléfono, e-mail e pseudónimo utilizado.
ENVÍOS:
As fotografías enviaranse ao seguinte enderezo:Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, 1ºCP 15402, FERROL (A Coruña)
A organización velará pola correcta conservación das obras presentadas. Aínda así, non se fai responsable de calquera desperfecto que de maneira involuntaria poidan padecer as fotografías.
PRAZO:
O prazo de admisión remata o ......... de 2009.
XURADO:
A decisión do xurado darase a coñecer no acto de inauguración da Exposición, coincidindo coa celebración do DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE , o 5 de xuño.
A organización terá o dereito de reprodución das fotografías premiadas, que poderán ser utilizadas libremente e sen compensación económica, con finalidades relacionadas co concurso de Fotografía de Natureza ou coas actividades do Ateneo Ferrolán que non conlevan ánimo de lucro. Os gañadores deberán presentar os orixinais antes de percibir os respectivos premios. En caso de utilizar para a captación das fotografías medios dixitais remitirase o ficheiro en formato RAW e tamén o arquivo do que se obtivo a copia para realizar as comprobacións necesarias.
PREMIOS:
1º Premio: 900 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 150 €

ENTREGA DE PREMIOS:
Farase no acto de inauguración da Exposición.
EXPOSICIÓNS:
Coas fotografías seleccionadas farase unha primeira Exposición no Ateneo Ferrolán.A Organización, facendo uso dos seus dereitos, realizará unha Mostra Itinerante durante o resto do ano. Dentro da itinerancia contémplase a súa Mostra no Outono Fotográfico de Ourense. As fotografías seleccionadas para esta mostra quedarán a disposición do Ateneo Ferrolán ata fin de ano.
DEVOLUCIÓNS:
Devolveranse aquelas obras que veñan acompañadas dun sobre prefranqueado ou aquelas que sexan recollidas persoalmente no Ateneo Ferrolán, establecendo un prazo de 60 días a partir da clausura da Exposición. Transcorrido o mesmo entenderase que os autores renuncian a calquera dereito sobre as fotos presentadas.

No hay comentarios: