lunes, 2 de febrero de 2009

III Concurso Fotográfico Mirada y Luz

III CONCURSO FOTOGRÁFICO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
Este concurso está enfocado a todos aqueles interesados no campo da fotografía que non se dediquen profesionalmente a isto.
Só hai que cubrir o formulario e recibirás unha clave de acceso no correo electrónico.Nese momento xa poderás colgar a túa foto para participar no concurso.Cada usuario poderá votar o número de fotografías que desexe, pero soamente pode votar unha vez ao día cada foto.
TEMÁTICA DAS FOTOGRAFÍAS PARTICIPANTES
As fotografías deberán reflectir dun modo subxectivo o traballo que Caixa Galicia desenvolve nos eidos social, deportivo e/ou cultural. Máis información sobre estas actividades en www.caixagalicia.es, y www.fundacioncaixagalicia.org.
Non se admitirán, en ningún caso, fotografías nas que aparezan menores de idade.
PRAZO
Ata o 18 de abril de 2009 poderanse colgar as fotografías na páxina web.
PREMIOS
Entregaranse 3 premios en metálico ás 3 mellores fotografías
Primer Premio: 1.500€
Segundo Premio: 500€
Terceiro Premio: 500€ €
GAÑADORES
Unha vez que remate o prazo de admisión de orixinais, os gañadores serán elixidos mediante un sistema de votación en liña (on-line) a través da paxina onde están aloxadas as fotos, na que calquera persoa poderá votar pola súa foto favorita, de onde sairán os 10 finalistas.
Fundación Caixa Galicia elixirá entre eles os tres gañadores.
As fotografías gañadoras daranse a coñecer o 2 de xuño de 2009 en www.caixagalicia.es, www.obrasocialcaixagalicia.org y www.fundacioncaixagalicia.org.

No hay comentarios: