viernes, 4 de septiembre de 2009

Segunda edición das Meninas de Canido

A segunda edición das Meninas de Canido suma corenta casas a este museo urbano.
Corenta casas ofrecéronse como lenzo para que, mañá 5 de setembro dende as 10 da mañá outros tantos artistas reinterpreten a maxistral obra de Velázquez.
Non só as casas vellas verán florecer a dona Margarita Teresa de Austria, tamén os edificios de nova construción queren ter un selo artístico propio.
As pinturas fican nas fachadas dun ano para o outro así que, agás nas casas derruidas, os novos cadros veñen sumarse ós xa existentes (o ano pasado pintáronse 35 edificios e para esta edición hai corenta voluntarios).
Canido contará con máis de medio cento de Meninas, nun museo urbano ó aire libre para o que se está a preparar unha ruta turística.


Déixovos este link por si alguén estivese interesado www.asmeninasdecanido.blogspot.com
Non teño nin idea que aspecto ten a obra do ano pasado , pero si da boa impresión atreveríame a dicir que podería parecerse a Christiania en Copenague.
Podería dar xogo fotográfico.

2 comentarios:

victor dijo...

Hola a tod@s e graciñas pola información, xa o ano pasado estivo moi ben, e este tamén ten moi boa pinta, pola pintura claro, e polas actuacións. Así que animádeos a vir a Canido. Ata mañá.

Francisco Pose dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.