Chove,
como me dixo un día o poeta cantando:
detrás dos cristais... chove e chove.
Auga,
que molla a vida que vive da auga,
do aire e da luz.
Que chova e que trone,
e que os soños das fadas nas nubes
non deixen que borre o desexo do Sol.
Auga,
que cambia os camiños do home,
da herba e da flor que se molla.
Quente,
que baña os corpos espidos
das musas etéreas nas termas do amor.
Auga,
que beben das fontes da terra
os sedentos de vida.
Que esculpe nas pedras figuras
pulindo os cantos,
furando nos ocos,
deixando o recordo do tempo,
mollando as gorxas que cantan:
Que chova e que chova...
que xa volverá a raer.
como me dixo un día o poeta cantando:
detrás dos cristais... chove e chove.
Auga,
que molla a vida que vive da auga,
do aire e da luz.
Que chova e que trone,
e que os soños das fadas nas nubes
non deixen que borre o desexo do Sol.
Auga,
que cambia os camiños do home,
da herba e da flor que se molla.
Quente,
que baña os corpos espidos
das musas etéreas nas termas do amor.
Auga,
que beben das fontes da terra
os sedentos de vida.
Que esculpe nas pedras figuras
pulindo os cantos,
furando nos ocos,
deixando o recordo do tempo,
mollando as gorxas que cantan:
Que chova e que chova...
que xa volverá a raer.
©Xan Xe Corral Paz, 2008
2 comentarios:
Xa temos outro poeta no grupo!!!!!, caray se xa era un luxo ver a foto, esta vai acompañada dun escrito moi fermoso.
Así é a nosa terra, a terra da choiva, a terra da auga......
Chegamos non hai moito de Ezaro, alí tamén había auga, e tanta, non caía do ceo pero caía.
Vou descargar as miñas fotos a ver se vale algunha.
Bicos
Ahí Rapaz, que se vexa do que es capaz, a ver se ese cantante aparece por algunha saída e nos arrancamos todos a bailar unha repichoca.
¿Non vos apetecería voltar a un cauce para seguir xogando coa auga?; fermosa toma.
Publicar un comentario